|
Reseñas OCS |
[publicar una nueva reseña]
[ver lista de reseñas] |
Xosé López, 2007, Bitacoras.
Netbiblo, A Coruña
Autor/-a de la reseña: Fernando Garrido Ferradanes
Unha das verbas de moda son os Contidos Xerados polo Usuario. Non en van a persoaxe do ano pasado segundo unha publicación de prestixio foron os Usuarios, recoñecemento que se engloba no penúltimo hype tecnolóxico: a Web 2.0. ¿Qué hai detrás deste fenómeno?
Nos últimos anos, un feixe de libros tentaron abordar os blogs dende diferentes perspectivas, como Blogs, la conversación, La blogosfera hispana ou La revolución de los blogs. Weblogs, bitácoras ou blogs ven a ser o mesmo: un diario en liña, cunha orde cronolóxica inversa (o último escrito é o primeiro que aparece), nas que un autor ou autores escreben de xeito frecuente. As razóns de por que ao redor dunha tecnoloxía xurdan tantas expectativas e tanto ruído mediático son moitas, pero todas xiran en torno ás posibilidades que abre para a difusión da voz do cidadán, levando á democracia cara un novo estadío.
Agora ben, o feito de que cada cidadán teña a posibilidade de verquer información na rede, de xerar os seus propios contidos e difundilos, provoca cambios profundos no xornalismo e nos cibermedios. Nos últimos meses fumos testigos de profundos redeseños e apostas pola creación dunha comunidade que permita ir máis aló aos medios, onde os blogs formaban parte dunha estratexia pola creación dunha comunidade de (ex)lectores e (agora)participantes. O libro Bitacoras do galego Xosé López aborda dende unha ollada eminentemente universitaria o fenómeno que acaba de ser descrito, analizando moi polo miudo as implicacións e os impactos que no xornalismo ten e terá un maior grado de participación da cidadanía.
En definitiva, este libro permitirá complementar as análises existentes sobre un
fenómeno tan mediático como polémico partindo do xornalismo como marco de referencia. Porén, para aqueles que aínda non se achegaron a un objecto de estudo tan esvaradizo como os blogs, Bitácoras é un punto de partida claro, sintético e contextualizado que, sen dúbida, invitará e incitará ao lector a continuar profundizando no impacto que causa unha tecnoloxía cando os seus usuarios apropianse dela.
----------------------
Reseña publicada no suplemento de libros PROTEXTA da revista Tempos Novos no seu número 2.